Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar")


O venres 1 de xuño e tan puntualmente como se programou, ás nove da mañá: Pablo e Diana, biólogos mariños, adicados á investigación e Diana funcionaria da Consellería de pesca, comezaron por quendas, a súa explicación sobre o papel da pesca no óceano. Explicaron este ecosistema, seres que o habitan, o papel da pesca: persoal implicado, riscos, tamaño de pesca das especies, explicación do papel que desenvolve o seu traballo no mundo da pesca: investigación, economía... Os nenos ata mediron o tamaño dos peixes con especies impresas traidas por eles e regras.
    Tras o taller didáctico, pasouse á parte práctica no muelle de Oza.  Comezamos coa visita guiada aos barcos da Garda Civil. O persoal explicou as partes dos barcos e o seu traballo. Os nenos pasearon polas diferentes estancias dos barcos e debemos salientar a  exquisita paciencia e total implicación de todo o  persoal.
    A parte final foi a explicación de Miguel, de  profesión pescador. Ata atravesamos o muelle para ver os barcos pesqueiros  e ensinounos os seus propios aparellos de pesca. Abraiados seguían o seu discurso, sentados no chan e cun bonito sol completando a escena.
    O alumnado formulou todo tipo de preguntas que se contestaron con total didáctica para a idade. O que disfrutaron, pódese ver nos vídeos.
    Mil grazas a todos os que fixeron posible a realización desta actividade dentro do proxecto de centro:"O son do mar".

                                  PROGRAMA ENVIADO POLOS PONENTES DA ACTIVIDADE