Taller de cociña no comedor do cole.

O 18 de novembro, os alumnos do 1º e 2º nivel realizaron un taller de cociña patrocinado por Clan. Primeiro tiveron unha presentación sobre a dieta saudable. Logo responderon a unhas preguntas da mesma. Ao responder correctamente foron premiados coa parte práctica: a realización dunha ensalada con produtos variados.Finalmente degustaron o plato feito polos diferentes equipos de xeito cooperativo.