" Os reis do océano" - Teatro alumnos de 4º

Vídeo dos alumnos de cuarto nivel.
Marabillosa obra de teatro dos alumnos de cuarto nivel, titulada: "Os reis do océano". Actividade programada dentro do proxecto de centro: " o son do mar".
Noraboa ás profes organizadoras.

Xogos no patio


¡Que ben o pasaron os últimos días de cole xogando aos xogos populares todo xuntos!

Despedida do curso para as dúas titoras e todo o noso agradecemento ás familias polo bo funcionamento do mesmo.


Excursión fin de curso á granxa- escola : "O Ventoso"

Copia de SALE de Isabel

Excursión á granxa-escola:"O Ventoso"





























  Pica na imaxe e vaino mirando tipo presentación, baixando o rato.Verás as fotos seguidas en tamaño grande.

Diario dos alumnos

                      
Neste vídeo podedes ver unha páxina do diario dos alumnos dos dous cursos. Parece sorprendente velos tan pequeniños escribindo e lendo as súas vivencias. Grazas á familia pola axuda prestada nesta atividade e por animalos a ler e a escribir.

Taller de cociña de trufas.

Venres, 15 de maio, sobre a segunda hora da mañá, temos programado un taller de cociña (O primeiro deste curso) de trufas.
   A profesora encargada será Carmen de pedagoxía terapéutica. Xa está todo preparado e os materias mercados.
    Os nenos traerán para a sesión un mandil de tamaño pequeno e os que van a clases de cociña, un gorro. Grazas, profe Carmen!
                                   
                  Feliz e dulzón día, chicos!    

Vídeo Taller de cociña - trufas

 Ante todos vós, unha das actividades que máis puntuación  recibiu por parte do alumnado. Mágoa que tiñamos un montón de fotografías de cada neno facendo a súa trufa, pero ás veces a técnica falla e perdemos ese material, pero eles son conscientes do ben que o pasaron facéndoas. Cada un levoa as súas trufas para a casa na bolsiña que a profe Carmen lles preparou e hai que ver que clariña estivo a súa explicación. Moitas  grazas de parte dos nenos e titoras.                 
                       

Peixiños do mar

 Queremos ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!
                                

Día mundial dos océanos


     
                        

Taller didáctico - práctico: "O papel da pesca nos océanos"

AGRADECEMENTOS


Taller didáctico: "O papel da pesca nos océanos": o traballo do pescador.

                       

Taller didáctico- práctico: " O papel da pesca nos océanos" A vixiancia no mar: A GARDA CIVIL MARÍTIMA

                    

Vídeo: CIENTÍFICOS MARIÑOS (O papel dos científicos e os xestores na pesca)

Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar") 
                  

Acuario

Sempre é marabilloso visitar o acuario. A organización estivo moi coidada, Goretti, a guía,  moi implicada e adaptada ao nivel do alumnado e os nenos moi participativos; de feito durou a visita moito máis do previsto. Aprendemos todos moito!