Modelo disfrace 2016

O xoves, tendes que mandar o disfrace, e así o venres xa o temos para o desfile pola rúa.
Poden rebetealo por ombreiros, brazos e por abaixo ( contorno ).
A altura da bolsa é até os xeonllos (Aos nenos das fotos estanlle un pouco fóra de talla, ja, ja,ja...Pero moi guapos!!!)Por debaixo do traxe levarán un pantalón vaqueiro e unha blusa, polo ou camiseta branca.Grazas!!!

                                              Modelo


Se picades na imaxe veredes o modelo de disfrace de pintor para o venres 5 de febreiro. O disfrace pódese variar ao gusto das familias. Nós prantexamos unha opción. O traxe debe ser confeccionado cunha bolsa de plástico branca. O gorro e o lazo da mesma cor de bolsa de plástico, sendo a cor de libre elección. As manchas de Aironfix (mínimo 6 de cada lado) de cores variados pola parte de diante e de atrás. O gorro parte dun rectángulo de cartolina brillante, do tamaño do perímetro da cabeza, do que se lle pega un anaco de bolsa de plástico fruncida.O lazo amplio, tamén con bolsa da mesma cor.
A paleta grande con pintura de cartón duro e cun burato para que a poidan agarrar na man, non colgar (ver foto de abaixo)
Pódense maquillar con bigotes característicos.

https://drive.google.com/file/d/0BzI7c-TiDW9pbEd0MDVfMG5OZlE/view


Modelo de paleta para que vexades o tamaño.