VISITA Á POLICÍA

 O martes e o mércores visitamos a policía. Recibíronos dous policías, un deles de explosivos cun can que ten unha parte moi importante no traballo deste colectivo. Logo vimos o museo, no que os nenos estiveron moi atentos e interesados. Responderon moi ben ás preguntas formuladas.   
 Finalmente xogaron coa serea do coche patrulla e viron un vídeo dos servizos que prestan. Foi moi interesante.