FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

Prácticamente inauguramos o mes de marzo coa saída á Fundación Mª José Jove. Realizamos un paseo a través dos distintos estilos pictóricos da man de Patricia que lles explicou de xeito moi ameno. Ademais invitounos a participar nun concurso de collage que realizaremos á volta de vacacións. Ah, tamén felcitou aos nenos polo seu nivel en pintura. 
      Tras finalizar a visita polas salas da Fundación Mª José Jove, a ponente Patricia entregou a cada alumno un tríptico, onde nunha páxina tiñan que crear o seu propio bicho lembrando o explicado. Cada neno realizou o seu do xeito que podedes observar.