E NÓS QUE PINTAMOS AQUÍ? - Proxecto pintura 2015 - 2016 - MURAL

 Os días 6 e 7 de xuño do 2016, tivemos unha visita moi especial: o artista, Eduardo Hermida, estivo cos nenos de E. Infantil, 1º e 2º de Primaria realizando un taller de pintura, como fin do proxecto: " E nós que pintamos aquí "Todos os nenos gozaron coa pintura, decorando os muros do centro, grazas á colaboración do CFR, Concello, Centro e mestres do colexio, porque coa súa axuda  puidose levar a cabo este proxecto.  Mención especial merece a colaboración e traballo   de Eduardo Hermida, polo que lle queremos dar as grazas pola súa especial dedicación.