PINTAR NO MURO: AS FLORES.

Como remate final do proxecto de pintura: E nós que pintamos aquí? mañá teremos o primeiro contacto co pintor  que leva o proxecto en E. Infantil, para realizar o noso mural na parede do patio. Cada dous cursos teñen o seu recuncho pintado en branco.
 O tema serán as flores e cada Ciclo creará a súa propia obra. A idea do motivo das flores é por estar o colexio ubicado no Barrrio das Flores.
 Os nenos na clase crearon uns bocetos para comezar a practicar e sacar o modelo. 
  Aquí vos presentamos o que en principio queremos facer, aínda que pode ter modificacións sobre a marcha. Creatividade nos lles falta! Esperamos vos guste e nos quede vistoso!
Traede mañá roupa que non importe tanto que se deteriore e unha visera. Grazas!