Contedor de castañas para a festa do Magosto.


Para o venres próximo, se o tempo o permite, celebraremos a festa do Magosto. Os nenos na casa deberán realizar o contedor de castañas, cortando pola metade unha caixa de leite. Únense as dúas metades, pónselle un papel branco e decórase. Ao rematar pónselle un cordel. Se a conservades do ano pasado podedes traela. Grazas.