Homenaxe a Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro, celebrouse en toda Galicia o día de Rosalía de Castro. Este ano correspondería ao seu 181 aniversario.
O noso centro sumouse a esta homenaxe dirixidos polo Equipo de Dinamización da Lingua.
As actividades realizadas foron un estudo da obra da poetisa, marcapáxinas e unha carta a autora realizada polo alumnado de cada nivel. Na cortiza da escaleira de entrada pódese ver o traballo realizado.