Peixe pinza - Proxecto: O son do mar

O venres 22, na sesión de Plástica, realizaron cada neno un bonito peixe que pintaron, recortaron e logo pegaron sobre unha pinza cada metade. Fíxolles moita gracia ver como o seu peixe abría a boca.
Con todos os peixes fíxose un mural no corredor do colexio.
Queremos destacar o avance do alumnado en destreza manual e recortado. Era un traballo de bastante precisión e resultou moi lucido.