NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:
  A xuntanza de pais será a comezos de outubro.
  As chaquetas e os chaquetóns deberían levar o nome posto, porque despois non saben de quen é.
  Sempre levan e traen a maleta coa funda e dentro a axenda.
  Os alumnos de 1º durante o curso entrarán ás 9 e sairán ás 2 menos cinco min., xa que de non facelo así, ao entregalos persoalmente atascariamos a saída dos demais alumnos de Primaria.
  Os nenos na carteira levarán un impreso que nos gustaría que nos entregasen ao día seguinte e asinados polo pai e pola nai. (Impreso de autorización de imaxe e saídas)
   Por favor, non peguen ningunha foto no rexistro de datos de 1ºA. Moitas grazas e bo comezo de curso para todos.