Suxerencias inicio de curso.

 O alumnado traerá o primeiro día:
- A bolsa da merenda e unha botella de plástico con auga (se non quere beber do grifo.)
- Poden traer un xoguete pequeno para os recreos, aínda que non nos responsabilizamos da súa pérdida...
- Se as familias teñen algunha dúbida pódense poñer en contacto coas titoras ás dúas da tarde, á saída.
- Non deben de traer ningún material que non fora solicitado polas titoras.
- O día 10 de setembro ás 9:00 h as titoras de Primaria recibirán ao alumnado de todos os niveis na porta principal.Entregaranse en man ás familias ás 14:00.
- Por favor non traian outras mochilas que a carteira solicitada.
- Non merquen  o caderno de actividades de Activity Book.
- Recorden non forrar os libros con fixos antes de miralos a titora.
- O ISBN do libro de naturais é 978 - 84 - 682 - 3457 - 1
- As libretas e a axenda se pode ser da marca Oxford.


OUTRAS INFORMACIÓNS:
- Para calquera dúbida mandarnos un correo a baseunha@gmail.com
- Na parte superior do blog publicamos un apartado de programación para que poidan ver o que traballaremos nas aulas.
- Na dereita do blog as informacións puntuais ás familias.
- Ata que fagamos a xuntanza xeral en outubro vos iremos informando polo blog.
Un saúdo das titoras