Contacontos " O axente Riciños " Ed Anaya

 
O mércores 7 de marzo, sobre as doce e dez da mañá, os alumnos de primeiro e segundo nivel do centro, tivemos a gran sorte da visita dun escritor moi especial: Iago López, moi coñecido pola súa obra: "O cociñeiro Martiño" e que nesta sesión veu a facernos un contacontcos da obra lida polos alumnos: "Axente Riciños". Os nenos interactuaron con Iago, e opinaban que era moi gracioso polo ben que o pasaron. Grazas Iago, sempre é un pracer a túa visita.