Visita á biblioteca González Garcés

 O martes 6, ás dez e media da mañá, saímos os dous cursos cara a biblioteca González Garcés. Alí recibiunos Chus que foi a guía no percorrido pola biblioteca. Logo levounos a un apartado moi especial da mesma e que preparou con esmero, para contarnos e facernos participar duns contacontos marabillosos. Ollade que ben estivo a actividade. Grazas Chus, nótase a túa segunda profesión de actriz ao contar os contos.