Últimos traballos de Plástica (Peixe garabato - Matisse - Pintamos con tramas)

Debido a tantas conmemoraciós que celebramos últimamente, tiñamos un pouco atrasadas as publicacións de traballos plásticos que como sabedes realizan conxuntamente nunha aula os dous niveis.

1º Realización do peixe garabato  mediante o trazo de liñas cuvas que lles explicou na súa visita o pintor José Antonio Mukina.
                                                  Picade na imaxe para ver outros traballos
https://drive.google.com/file/d/1JYwmyTeQNMvDggpSzaU8rV3hdWf75_8h/view?usp=sharing

2º Para o noso proxecto "O son do mar" presentouse nun folio un detalle do cadro "O mar de Polinesia" de Matisse. Os nenos viron o vídeo sobre a vida e obra do pintor. Logo no propio cadro debían de  recoñecer e buscar o detalle (anaco) que tiñan no folio e logo decoralo ao seu gusto.

https://drive.google.com/file/d/1pbZGT_zksbV5FLrQhU_XtzHESLAKqfnO/view?usp=sharing

3º Como xa se está aproximando a primavera comezaron a decorar unha lámina propia da estación con tramas: puntos, cruces, liñas, caracois....
https://drive.google.com/file/d/1I9ZaVGp_XIiyO7Ow5zewPFRc5iOkVfUy/view?usp=sharing