Querido blogue:
Xa era hora verdade? Tamén a tí hai que darche as grazas. Estiveches ao noso lado sen colapsarte nin deixar de funcionar. Os nenos disfrutaron das túas páxinas e mirábante abraiados cando vían as súas cariñas nos vídeos das distintas actividades e saídas. As profes, andaban na pescuda sen descanso de actividades e xogos que che facían estar vivo e recibir visitas para comprobar o que había de novo en tí. Pero sabes?... todo ten un principio e un fin. Os nenos deben desconectar e as profes comezar un cambio de tercio na súa vida persoal.
Grazas blogue!
Un ata sempre a todas as familias que nos axudaron a que este último ano profesional permanezca para sempre no noso recordo como algo moi especial e un ata cando vós queirades a todo o alumnado que sin eles a nosa labor non tería ningún sentido. Foron tan cariñosos e agradecidos con todo o aprendido e vivido que merecen unha mención con todos os honores. Grazas, pequerrechos! Sempre iredes unidos ás dúas, Anlle e Isabel, como un curso inolvidable. Desexámosvos o mellor no vindeiro curso e os seguintes. Estaremos moi pendentes da vosa evolución. Bicos e apertas de todos os sabores. Pasade un feliz verán.
Ah, non deixedes de facer as actividades de verán das páxinas do blogue. A el xa sabedes que lle gusta que o visitedes!
Un saúdo moi agarimoso a todas as persoas que utilizaron este blogue como un recurso educativo máis.
Un saúdo moi agarimoso a todas as persoas que utilizaron este blogue como un recurso educativo máis.