Ata sempre!

Querido blogue: Xa era hora verdade? Tamén a tí hai que darche as grazas. Estiveches ao noso lado sen colapsarte nin deixar de funcionar. Os nenos disfrutaron das túas páxinas e mirábante abraiados cando vían as súas cariñas nos vídeos das distintas actividades e saídas. As profes, andaban na pescuda sen descanso de actividades e xogos que che facían estar vivo e recibir visitas para comprobar o que había de novo en tí. Pero sabes?... todo ten un principio e un fin. Os nenos deben desconectar e as profes comezar un cambio de tercio na súa vida persoal.
              Grazas blogue! Un ata sempre a todas as familias que nos axudaron a que este último ano profesional permanezca para sempre no noso recordo como algo moi especial e un ata cando vós queirades a todo o alumnado que sin eles a nosa labor non tería ningún sentido. Foron tan cariñosos e agradecidos con todo o aprendido e vivido que merecen unha mención con todos os honores. Grazas, pequerrechos! Sempre iredes unidos ás dúas, Anlle e Isabel, como un curso inolvidable. Desexámosvos o mellor no vindeiro curso e os seguintes. Estaremos moi pendentes da vosa evolución. Bicos e apertas de todos os sabores. Pasade un feliz verán. Ah, non deixedes de facer as actividades de verán das páxinas do blogue. A el xa sabedes que lle gusta que o visitedes!
               Un saúdo moi agarimoso a todas as persoas que utilizaron este blogue como un recurso educativo máis. 


               

SEMPRE GRAZAS!

         


Despedida: "Carta a mi pupitre"

Los niños expresan sus vivencias del curso en esta carta a su pupitre. Son todas maravillosas. Es increíble ver como ellos solitos escriben y leen con tanta soltura para su edad.   

" Os reis do océano" - Teatro alumnos de 4º

Vídeo dos alumnos de cuarto nivel.
Marabillosa obra de teatro dos alumnos de cuarto nivel, titulada: "Os reis do océano". Actividade programada dentro do proxecto de centro: " o son do mar".
Noraboa ás profes organizadoras.

Xogos no patio


¡Que ben o pasaron os últimos días de cole xogando aos xogos populares todo xuntos!

Despedida do curso para as dúas titoras e todo o noso agradecemento ás familias polo bo funcionamento do mesmo.


Excursión fin de curso á granxa- escola : "O Ventoso"

Copia 

Excursión á granxa-escola:"O Ventoso"





























  Pica na imaxe e vaino mirando tipo presentación, baixando o rato.Verás as fotos seguidas en tamaño grande.

Diario dos alumnos

                      
Neste vídeo podedes ver unha páxina do diario dos alumnos dos dous cursos. Parece sorprendente velos tan pequeniños escribindo e lendo as súas vivencias. Grazas á familia pola axuda prestada nesta atividade e por animalos a ler e a escribir.

Taller de cociña de trufas.

Venres, 15 de maio, sobre a segunda hora da mañá, temos programado un taller de cociña (O primeiro deste curso) de trufas.
   A profesora encargada será Carmen de pedagoxía terapéutica. Xa está todo preparado e os materias mercados.
    Os nenos traerán para a sesión un mandil de tamaño pequeno e os que van a clases de cociña, un gorro. Grazas, profe Carmen!
                                   
                  Feliz e dulzón día, chicos!    

Vídeo Taller de cociña - trufas

 Ante todos vós, unha das actividades que máis puntuación  recibiu por parte do alumnado. Mágoa que tiñamos un montón de fotografías de cada neno facendo a súa trufa, pero ás veces a técnica falla e perdemos ese material, pero eles son conscientes do ben que o pasaron facéndoas. Cada un levoa as súas trufas para a casa na bolsiña que a profe Carmen lles preparou e hai que ver que clariña estivo a súa explicación. Moitas  grazas de parte dos nenos e titoras.                 
                       

Peixiños do mar

 Queremos ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!
                                

Día mundial dos océanos