Ante todos vós, unha das actividades que máis puntuación recibiu por parte do alumnado. Mágoa que tiñamos un montón de fotografías de cada neno facendo a súa trufa, pero ás veces a técnica falla e perdemos ese material, pero eles son conscientes do ben que o pasaron facéndoas. Cada un levoa as súas trufas para a casa na bolsiña que a profe Carmen lles preparou e hai que ver que clariña estivo a súa explicación. Moitas grazas de parte dos nenos e titoras.