O CASTIÑEIRO E A CASTAÑA

Dentro do proxecto " O bosque " os alumnos de 1º despois de se informar sobre esta árbore (O castiñeiro), trouxeron cada un unha folliña de castiñeiro que atoparon en distintos lugares das súas proximidades.
A continuación no colexio, sobre un papel continuado, rotularon o título, pintaron a herba e o tronco, remataron con un collage de tódalas follas.
Conseguindo así o gran mural do castiñeiro de 1º.
Noutro momento observaron o froito da árbore: a castaña no interior do ourizo.



Outro día despois de facer o mural procedemos a facer o libro do magosto. Tivo como protagonista a castaña. Cada neno fixo o seu libro apuntando elementos destacados do castiñeiro e da castaña. Escribiron o texto, pintaron e ilustraron a portada e contraportada.
Traballouse a creatividade, grafomotricidade, e o proceso de lecto-escritura.