Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

Excursión ao cine

O mércores18 de abril, os alumnos do 1º nivel saíron ás 09:30 cara o CGAI a ver a película: " O teito do mundo " relacionado o tema co noso proxecto : " O son do mar ". 
Bo comportamento. Marabilloso guión. Disfrutaron moito!

Contacontos " O axente Riciños " Ed Anaya

 
O mércores 7 de marzo, sobre as doce e dez da mañá, os alumnos de primeiro e segundo nivel do centro, tivemos a gran sorte da visita dun escritor moi especial: Iago López, moi coñecido pola súa obra: "O cociñeiro Martiño" e que nesta sesión veu a facernos un contacontcos da obra lida polos alumnos: "Axente Riciños". Os nenos interactuaron con Iago, e opinaban que era moi gracioso polo ben que o pasaron. Grazas Iago, sempre é un pracer a túa visita.


             

Visita á biblioteca González Garcés

 O martes 6, ás dez e media da mañá, saímos os dous cursos cara a biblioteca González Garcés. Alí recibiunos Chus que foi a guía no percorrido pola biblioteca. Logo levounos a un apartado moi especial da mesma e que preparou con esmero, para contarnos e facernos participar duns contacontos marabillosos. Ollade que ben estivo a actividade. Grazas Chus, nótase a túa segunda profesión de actriz ao contar os contos.

                     

Mércores de cine: saída ao CGAI para ver unha película (3 maio)




Fermosa historia que subliña con imaxinación e fantasía a importancia da lectura como porta a mundos insospeitados e cheos de maxia. Galardoada no Festival de Cine de Animación de Annecy, é unha colaboración do director Dominique Monfery coa ilustradora Rebecca Dautremer (Princesas olvidadas o desconocidas; Enamorados)

  • TRABALLO DE AULA (Pica na imaxe)


  •    CARTEL DA OBRA:


CONTO EN INGLÉS

 Os nenos de 2º A e B visitaron aos alumnos de 1º, para contarlles un conto en inglés, dramatizado con títeres de animais feitos por eles.

                

Vídeos onde se traballa a integración de persoas con discapacidade.(Asignatura de Valores)

               

Marabilloso conto:"Mi hermanito de la luna" que trata a temática do autismo, adaptado a nenos pequenos.
                  

CORRE CORRE CABACIÑA - BASEUNHA

O Samaín está a chegar e xa iniciamos as primeiras actividades de biblioteca cun conto representativo da festividade. Os nenos recordáronnos que tiñamos que contar o conto coa pulseira de axuxeres do noso trasno bibliotecario: Cascarilla!

          

ASIGNATURA DE VALORES: O GATIÑO DESORDENADO

Iniciamos as primeiras sesións da asignatura de Valores. Comezamos coas normas de aula presentando ao primeiro personaxe: Gritón - Chillón, para acostumalos a falar baixiño e esta semana tocoulle o tema da orde: na aprendizaxe, nos materiais persoais e escolares... Para motivalos traballamos a figura do gatiño desordenado que poden voltar a ver neste vídeo.