Robots3



  
          
 

Taller didáctico - práctico: "O papel da pesca nos océanos"

AGRADECEMENTOS


Taller didáctico: "O papel da pesca nos océanos": o traballo do pescador.

                       

Taller didáctico- práctico: " O papel da pesca nos océanos" A vixiancia no mar: A GARDA CIVIL MARÍTIMA

                    

Vídeo: CIENTÍFICOS MARIÑOS (O papel dos científicos e os xestores na pesca)

Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar") 
                  

Acuario

Sempre é marabilloso visitar o acuario. A organización estivo moi coidada, Goretti, a guía,  moi implicada e adaptada ao nivel do alumnado e os nenos moi participativos; de feito durou a visita moito máis do previsto. Aprendemos todos moito!


Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar")


O venres 1 de xuño e tan puntualmente como se programou, ás nove da mañá: Pablo e Diana, biólogos mariños, adicados á investigación e Diana funcionaria da Consellería de pesca, comezaron por quendas, a súa explicación sobre o papel da pesca no óceano. Explicaron este ecosistema, seres que o habitan, o papel da pesca: persoal implicado, riscos, tamaño de pesca das especies, explicación do papel que desenvolve o seu traballo no mundo da pesca: investigación, economía... Os nenos ata mediron o tamaño dos peixes con especies impresas traidas por eles e regras.
    Tras o taller didáctico, pasouse á parte práctica no muelle de Oza.  Comezamos coa visita guiada aos barcos da Garda Civil. O persoal explicou as partes dos barcos e o seu traballo. Os nenos pasearon polas diferentes estancias dos barcos e debemos salientar a  exquisita paciencia e total implicación de todo o  persoal.
    A parte final foi a explicación de Miguel, de  profesión pescador. Ata atravesamos o muelle para ver os barcos pesqueiros  e ensinounos os seus propios aparellos de pesca. Abraiados seguían o seu discurso, sentados no chan e cun bonito sol completando a escena.
    O alumnado formulou todo tipo de preguntas que se contestaron con total didáctica para a idade. O que disfrutaron, pódese ver nos vídeos.
    Mil grazas a todos os que fixeron posible a realización desta actividade dentro do proxecto de centro:"O son do mar".

                                  PROGRAMA ENVIADO POLOS PONENTES DA ACTIVIDADE

     

Lecturas ao Ganchete de toda a Comunidade educativa, no patio do colexio.

O luns 21 de maio ás once trinta horas, realizamos no patio a primeira sesión das tres programadas das Lecturas ao Ganchete. Por tríos de diferentes niveis baixaron as escaleiras do ganchete, provistos dun colar alusivo á actividade que decoraron na aula, un libro e unha toalla; para iniciar a primeira lectura que realizou o alumno maior do grupo aos dous restantes. O xoves próximo tocaralle ao segundo e o seguinte ao máis pequeno do grupo. A continuación, tras unha lectura de quince minutos continuará o recreo.
      A idea partiu do Equipo de Biblioteca do centro. Como xa se realizou en cursos anteriores, cada vez esperamos con máis interese o día de ler en compañía. Grazas por esta iniciativa!

Robots feitos polos alumnos

















Sesión de contacontacontos da nosa escritora e compañeira: Laura Rey Pasandín

 O luns, 21 de maio e como continuación das actividades das Letras galegas, Laura, realizou unha sesión de contacontos do libro de Mª Victoria Moreno: " Eu conto, ti cantas". Os nenos primeiro cos ollos tapados debían de debuxar as sensacións que percibían ao escoitar o poema e logo con outro poema diferente e cos ollos ao descuberto, tiveron que debuxar o que escoitaban; previamente realizou unha breve semblanza da escritora homenaxeada. Gustounos moito. Grazas, Laura!

         
 

Verbo

         http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/lengua/presente02/presente02.html
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/3EP_Len_ud12_cas_VerboPasFut/frame_prim.swfhttp://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/lengua/pasado02/pasado02.html
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/lengua/futuro02/futuro02.html          http://www.genmagic.net/lengua4/pape2c.swf

https://5227b3e1f316fcb6c7c477512ec4b44d902139be.googledrive.com/host/0B0HB3L5SupKYQlY5MS12SEdQbWM/verbos.html

Robótica

 Aproveitando que temos o xoves e o finde , voltamos a solicitar a axuda das familias para que os alumnos realicen o seu propio robot. Pode ser con figuras xeométricas en papel ou con material de refugallo: caixas, botes, tapóns... a imaxinación é infinita e a creatividade tamén. Aproveitemos que estamos a estudar os polígonos, líñas, corpos xeométricos para que os nenos xoguen coa robótica.

Trío de cantareiros - Letras galegas 2018

 Luns, 14 de maio, como inicio das actividades das Letras Galegas, un trío de cantareiros amenizou a sesión despois do recreo con música da nosa terra.
  Grazas a Xela de E.Infantil porque o seu papá é un dos membros do grupo.