Mostrando entradas con la etiqueta R-Anllencarna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta R-Anllencarna. Mostrar todas las entradas

MARIONETAS

Dentro do estudo da figura humana, chegamos a comprensión e expresión do movemento a través da marioneta, que simula moverse grazas ás articulacións. Poñendo a marioneta en catro posicións distintas, cada neno foi quen de remodelar a posición da marioneta, ademais de aprender desfrutaron grandemente. Quedando a aplicación interactiva para que sigan xogando durante o verán.
MARIONETAS ARTICULADAS PARA QUE FAGAS MÁIS REPRODUCIÓNS 

PROFESOR AGRICULTURA ECOLÓXICA

Esta vez foi a nai de Candela Vázquez a que nos falou do traballo do pai da compañeira.
Contounos que os seus alumnos teñen algunha discapacidade física; pero están moi interesados polo coidado da natureza e pola agricultura ecolóxica.
Aquí deixamos os traballos e un vídeo explicativo do seu traballo.

O CAMALEÓN

Como o camaleón camuflándose na natureza, os nenos de 1º desfrutaron compoñendo con recortes de múltiples cores un elemento único:
 "O CAMALEÓN "



VENDEDORA DE ÓPTICA

                         VENDEDORA DE ÓPTICA

Canto aprendemos  sobre as lentes!
Visitounos a mamá de Manu Pose e falounos do seu traballo nunha óptica.
Trouxo lentes de distintos tipos, ferramentas e cristais.
Insistiunos na importancia de revisar e coidar a nosa vista.
Sobre todo agora que lemos moito todos os días!

ORGANIZADORA DE FESTAS INFANTÍS

O día 31 de maio veu Marián, a madriña de Sebastián.
Esta vez, a todos se nos enchía a boca de saliva durante a presentación do seu traballo.
Mentras falaba, aparecían na pantalla bocadillos, tartas, chuches ...e tamén bolas e outros xogos.
Todo nos recordaba aos cumpreanos. 

TEATRILLO

O día 24 de maio estivo Ramiro na Biblioteca do colexio.
El é un antigo alumno. Algúns xa o coñecían porque ensínalles teatro.
Os seus contos e a súa actuación tivéronnos abraiados durante máis dunha hora.
Poida que entre nós haxa quén faga o mesmo dentro duns anos. Gustaríanos!
Pica na primeira imaxe para velo como presentación. 

VISITA AO MUSEO MUNCYT

O xoves 23 de maio, os nenos/as fixemos unha saída ao Muncyt.
Pasámolo " pipa " durante toda a Visita.
A sorpresa foi o recibimento por dous robots. Observamos unha antiga lanterna da Torre de Hércules e sentímonos pilotos dentro do boing " Lope de Vega ". 
Había moitas máis cousas, pero ... invitámosvos a visitalo.


TRABALLOS DOS ALUMNOS DE 1º 

                            

O NOSO TRASNO CASCARILLA - TRABALLOS 1º BASEUNHA

Todos nós tivemos que imaxinar como é o noso trasno, algunha das súas actividades ao longo do día ou as travesuras coas que disfruta polo noso cole. Pasámolas ao papel e imaxinámolo nun debuxo libre.


OFICIO FERROVIARIO

O día 24 de maio achegouse á nosa clase Moncho, o papá de Lucía, para explicarnos o seu oficio de ferroviario. Como nós non sabíamos demasiadas cousas desta profesión, Moncho veu cun montón de materiais como unha bandeiriña vermella, un silbato... para deixarnos moi claro o seu traballo. Logo houbo un turno de preguntas pola nosa parte e un texto escrito cun bonito debuxo. Grazas papi de Lucía, acordarémonos de tí cando subamos ao tren.
                                                  

DIARIO Nº 3


PROXECTO PROFESIÓNS - PROFESOR DE INFORMÁTICA

O día 2 de maio visitounos Juan, o pai de Xiana.
É profesor de "Informática" nun instituto de Vilalba.
Falounos do seu traballo e ... do robot Loisiño!
Grazas, pai de Xiana, por adicar parte do teu tempo a presentarnos a túa profesión.  
TRABALLOS DOS ALUMNOS DE 1º

VISITA A XEFATURA SUPERIOR DE POLICÍA DE GALICIA

O día 25 de abril visitamos a Xefatura Superior de Policía de Galicia.
Encantounos o recibimento coa cadeliña experta na búsqueda de explosivos.
Tamén o pasamos moi ben encendendo as luces do coche e poñendo as sirenas.
Ademais disfrutamos visitando o museo e comentando o vídeo que nos puxeron.
Gustounos tanto que queremos repetir.

PROXECTO MIRÓ - PUZLE

Estes nenos e nenas atrévense con todo.
Partindo dunha peza,  que representaba un sexto ou un oitavo dun cadro de Miró, completárono usando ceras duras.
 Saíronlles estas bonitas copias que vedes no Slide.
 Noraboa 1º Baseunha