Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO MIRÓ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO MIRÓ. Mostrar todas las entradas

PROXECTO MIRÓ - PUZLE

Estes nenos e nenas atrévense con todo.
Partindo dunha peza,  que representaba un sexto ou un oitavo dun cadro de Miró, completárono usando ceras duras.
 Saíronlles estas bonitas copias que vedes no Slide.
 Noraboa 1º Baseunha

PERSONAXES DOS ALUMNOS DE 1º NO PROXECTO MIRÓ

Continuando no Proxecto Miró, e logo de ter ollado o vídeo presentación sobre os traballos do artista onde aparecen distintos personaxes, os alumnos proxectan no papel e con técnica de aguada ( témpera) libremente o que máis lle impactou. Unha vez seca a aguada, rescataron ao personaxe con rotulador negro. O final elixiron o título mais axeitado a súa obra.
PRESENTACIÓN TRABALLOS

PROXECTO MIRÓ:2ª FASE : EXPRESIÓN -

2ªFASE: EXPRESIÓN
Impactados coa presentación da obra. Comentan-expresan sobre papel continuado a modo de mural ( gran grupo ) a sensacións que as obras e o audio lle provocan.

 
AUDIO ALUMNOS - EXPRESIÓN MURAL GRAN GRUPO

PROXECTO :MIRANDO A MIRÓ

                                   VÍDEO JOAN MIRÓ
Se premedes para ver o vídeo ao tempo que premedes para escoitar, poderedes gozar da presentación de obra de Miró(1ª parte proxecto: "Mirando a Miró", preparada para BASEUNHA) e mesmo disfrutar dos comentarios que fixeron logo de ollala. Descubriredes como son quen de asombrarse tanto da lectura en pe de imaxe( un mundo recién estreado) como de descubrir con solo a súa observación dos elementos máis fundamentais da pintura de Miró: Colorido, imaxes simbólicas, placer na tarefa de pintar....
                                                 AUDIO PRESENTACIÓN DE MIRÓ POR BASEUNHA