Mostrando entradas con la etiqueta Música 2017/18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música 2017/18. Mostrar todas las entradas

Excursión Orquestra malabares - Coliseum Coruña

 O luns, 9 de abril, os alumnos de primeiro e segundo  nivel saíron cara o Coliseum para ver o espectáculo: "Orquestra e malabares" que fixo as delicias de grandes e pequenos pola súa orixinalidade. Música e malabares uníronse nunha divertida actuación.
       Nós tivemos a sorte de asistir gratuitamente ao preestreno e animamos a todo o mundo a velo. Moitas grazas. 
                

Entroido 2018

O venres 9 de febreiro, tal como estaba previsto, o alumnado puido saír ao patio e facer un pequeno desfile para amosar a todos os compañeiros, profesorado e familiares presentes, o disfrace de cada nivel. Mágoa de tempo que non permitiu saír ás comparsas pola contorna e os bailes no patio, pero a festa continuou nas aulas e os nenos disfrutaron dunha mañá diferente.

Danzas do mundo no Palacio da Ópera (Xuntarte)

 O luns 5 de febreiro, sobre ás seis da tarde, varios colexios da Coruña, sendo o organizador este ano o Alborada, participaron nunha serie de danzas do mundo no que varias aulas do noso colexio deleitaron ao público cos seus maravillosos bailes.
Moitas grazas ás profes e aos alumnos participantes. 

Nadal 1º - baseunha

Paseniño, paseniño chegamos ao remate do primeiro trimestre e o Nadal asomou ás nosas ventás. Como vedes nas fotos, cada neno levou á casa o seu paquete-aguinaldo que contiña os seus traballos de Nadal e as súas primeiras cualificacións. Realizaron unha actividade conxunta de decorar unha árbore de Nadal dúas aulas xuntas e outras actividades: reno-chupa, servilleta de Papá Noel, colgador porta e outros motivos navideños. Felices festas!