Iniciamos o acto da Paz, o martes 30 despois do recreo. Un alumno, representando a súa clase, leu unha mensaxe ou unha palabra relacionada coa paz; elixida polo grupo e escrita nun peixe, facéndolle un guiño ao proxecto de centro. Fíxose con todas as clases. Decorouse o centro con estes peixes pola paz.
A continuación o alumnado que participará nas danzas de Xuntarte, o luns 5 de febreiro, ás 18:00 h no palacio da Ópera; fixo unha mostra do que van a presentar ese día, xunto con outros centros da Coruña.
Finalmente, por cursos en círculo, participamos en varias danzas conxuntas. Pasámolo moi ben e oxalá os propósitos escritos, lévense a cabo !