Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS 2017/18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS 2017/18. Mostrar todas las entradas

Robótica

 Aproveitando que temos o xoves e o finde , voltamos a solicitar a axuda das familias para que os alumnos realicen o seu propio robot. Pode ser con figuras xeométricas en papel ou con material de refugallo: caixas, botes, tapóns... a imaxinación é infinita e a creatividade tamén. Aproveitemos que estamos a estudar os polígonos, líñas, corpos xeométricos para que os nenos xoguen coa robótica.

Remodelación da aula de usos múltiples e informática.

Estabamos ansiosos esperando a súa nova apertura e por fín chegou o día. Xa está de novo aberta no segundo andar, á beira da sala de profesores a nova aula de usos múltiples con doce ordenadores para poder usar de dous en dous. Aquí podedes vernos enfrascados cos nosos contidos informáticos. 
Estamos encantados!