Mostrando entradas con la etiqueta C. Naturais e Sociais17/18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. Naturais e Sociais17/18. Mostrar todas las entradas

Ata sempre!

Querido blogue: Xa era hora verdade? Tamén a tí hai que darche as grazas. Estiveches ao noso lado sen colapsarte nin deixar de funcionar. Os nenos disfrutaron das túas páxinas e mirábante abraiados cando vían as súas cariñas nos vídeos das distintas actividades e saídas. As profes, andaban na pescuda sen descanso de actividades e xogos que che facían estar vivo e recibir visitas para comprobar o que había de novo en tí. Pero sabes?... todo ten un principio e un fin. Os nenos deben desconectar e as profes comezar un cambio de tercio na súa vida persoal.
              Grazas blogue! Un ata sempre a todas as familias que nos axudaron a que este último ano profesional permanezca para sempre no noso recordo como algo moi especial e un ata cando vós queirades a todo o alumnado que sin eles a nosa labor non tería ningún sentido. Foron tan cariñosos e agradecidos con todo o aprendido e vivido que merecen unha mención con todos os honores. Grazas, pequerrechos! Sempre iredes unidos ás dúas, Anlle e Isabel, como un curso inolvidable. Desexámosvos o mellor no vindeiro curso e os seguintes. Estaremos moi pendentes da vosa evolución. Bicos e apertas de todos os sabores. Pasade un feliz verán. Ah, non deixedes de facer as actividades de verán das páxinas do blogue. A el xa sabedes que lle gusta que o visitedes!
               Un saúdo moi agarimoso a todas as persoas que utilizaron este blogue como un recurso educativo máis. 


               

SEMPRE GRAZAS!

         


Excursión fin de curso á granxa- escola : "O Ventoso"

Copia 

Excursión á granxa-escola:"O Ventoso"





























  Pica na imaxe e vaino mirando tipo presentación, baixando o rato.Verás as fotos seguidas en tamaño grande.

Taller de cociña de trufas.

Venres, 15 de maio, sobre a segunda hora da mañá, temos programado un taller de cociña (O primeiro deste curso) de trufas.
   A profesora encargada será Carmen de pedagoxía terapéutica. Xa está todo preparado e os materias mercados.
    Os nenos traerán para a sesión un mandil de tamaño pequeno e os que van a clases de cociña, un gorro. Grazas, profe Carmen!
                                   
                  Feliz e dulzón día, chicos!    

Acuario

Sempre é marabilloso visitar o acuario. A organización estivo moi coidada, Goretti, a guía,  moi implicada e adaptada ao nivel do alumnado e os nenos moi participativos; de feito durou a visita moito máis do previsto. Aprendemos todos moito!


Información sobre as saídas de maio e autorización da saída final de curso. Non imprimir.

É importante que cubrades no rectángulo da saída ao Ventoso, moi clariño, se os deixades ou non ir, xa que o autobús ten un prezo por viaxe que se repartirá entre o número de alumnos que asistan á saída.
Picade na imaxe.


                                                                 OBRA DE TEATRO

Experimentos con auga.

Como estamos a traballar o tema da auga, para que pasedes un tempo divertido: experimentos con auga.

O Ciclo da auga

Esta experiencia súper chula está moi doada para facer na vosa casa, porque cos cristais das nosas aulas é imposible facela. Está moi chula e é moi visual o ciclo da auga. Animádevos a facela. Abel, xa o fixo coa súa mamá que foi a que nos dou a idea. Grazas
Pica na imaxe

Vídeos do ciclo da auga para repasalo.

Excursión Orquestra malabares - Coliseum Coruña

 O luns, 9 de abril, os alumnos de primeiro e segundo  nivel saíron cara o Coliseum para ver o espectáculo: "Orquestra e malabares" que fixo as delicias de grandes e pequenos pola súa orixinalidade. Música e malabares uníronse nunha divertida actuación.
       Nós tivemos a sorte de asistir gratuitamente ao preestreno e animamos a todo o mundo a velo. Moitas grazas. 
                

Remodelación da aula de usos múltiples e informática.

Estabamos ansiosos esperando a súa nova apertura e por fín chegou o día. Xa está de novo aberta no segundo andar, á beira da sala de profesores a nova aula de usos múltiples con doce ordenadores para poder usar de dous en dous. Aquí podedes vernos enfrascados cos nosos contidos informáticos. 
Estamos encantados!