Queremos ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!
ENLACES
- INICIO
- PROGRAMACIÓNS 1º NIVEL - 2017 - 2018
- ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
- MATEMÁTICAS 2017/18
- LENGUA 2017 - 2018
- MIS LECTURAS COMPRENSIVAS
- PROXECTO:O SON DO MAR
- C.NATURAIS E SOCIAIS 2017 - 2018
- PLÁSTICA 17/18
- VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
- PROXECTO PINTURA
- CONTOS
- MÚSICA
- 1º - CURSO 2010-2011
- 1º CURSO 2012 - 2013
- BASEDUAS - 2º
- XOGOS EDUCATIVOS
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O son do mar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O son do mar. Mostrar todas las entradas
Vídeo: CIENTÍFICOS MARIÑOS (O papel dos científicos e os xestores na pesca)
Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar")
Acuario
Sempre é marabilloso visitar o acuario. A organización estivo moi coidada, Goretti, a guía, moi implicada e adaptada ao nivel do alumnado e os nenos moi participativos; de feito durou a visita moito máis do previsto. Aprendemos todos moito!
Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar")
O venres 1 de xuño e tan puntualmente como se programou, ás nove da mañá: Pablo e Diana, biólogos mariños, adicados á investigación e Diana funcionaria da Consellería de pesca, comezaron por quendas, a súa explicación sobre o papel da pesca no óceano. Explicaron este ecosistema, seres que o habitan, o papel da pesca: persoal implicado, riscos, tamaño de pesca das especies, explicación do papel que desenvolve o seu traballo no mundo da pesca: investigación, economía... Os nenos ata mediron o tamaño dos peixes con especies impresas traidas por eles e regras.
Tras o taller didáctico, pasouse á parte práctica no muelle de Oza. Comezamos coa visita guiada aos barcos da Garda Civil. O persoal explicou as partes dos barcos e o seu traballo. Os nenos pasearon polas diferentes estancias dos barcos e debemos salientar a exquisita paciencia e total implicación de todo o persoal.
A parte final foi a explicación de Miguel, de profesión pescador. Ata atravesamos o muelle para ver os barcos pesqueiros e ensinounos os seus propios aparellos de pesca. Abraiados seguían o seu discurso, sentados no chan e cun bonito sol completando a escena.
O alumnado formulou todo tipo de preguntas que se contestaron con total didáctica para a idade. O que disfrutaron, pódese ver nos vídeos.
Canción " Peixiños do mar " - Magín Blanco
O ENLG está a preparar as actividades do centro cara ás Letras Galegas. O primeiro mandadiño sorpresa para o alumnado será a memorización desta cantiga relacionada co proxecto de centro "O son do mar" coa que nos teñen preparada unha actividade. A cantiga só será unha parte dese proxecto.
Medusas para todos: un agasallo da mamá de Bruno.Que bonitas! Moitas grazas!
A mamá de Bruno preparou un bonito traballo sobre as medusas. Pasou un USB con todas as súas características: medio de vida, reprodución, tipos... Aprendemos moito do tema.
Finalmente, cada neno recibiu a súa medusa como podedes ver no collage. Gustáronos moito. Todo un detalle, mami!
Pica na imaxe.
Experimentos con auga.
Como estamos a traballar o tema da auga, para que pasedes un tempo divertido: experimentos con auga.
O Ciclo da auga
Esta experiencia súper chula está moi doada para facer na vosa casa, porque cos cristais das nosas aulas é imposible facela. Está moi chula e é moi visual o ciclo da auga. Animádevos a facela. Abel, xa o fixo coa súa mamá que foi a que nos dou a idea. Grazas
Pica na imaxe
Vídeos do ciclo da auga para repasalo.
Plástica: "A gran onda de Kanagawa"
Seguindo o proxecto "O son do mar" traballaremos a obra "La gran ola de Kanagawa"" do pintor xaponés Hokusai.
Explicaremos a lenda xaponesa do monte Fugi do que o pintor realizou 36 vistas en tablillas do mesmo e reproducirán o cadro da gran onda con tramas e libremente.
Vídeo-conto da lenda do monte Fuji: "A princesa Kaguyahime" do que se fixo unha película.
Últimos traballos de Plástica (Peixe garabato - Matisse - Pintamos con tramas)
Debido a tantas conmemoraciós que celebramos últimamente, tiñamos un pouco atrasadas as publicacións de traballos plásticos que como sabedes realizan conxuntamente nunha aula os dous niveis.
1º Realización do peixe garabato mediante o trazo de liñas cuvas que lles explicou na súa visita o pintor José Antonio Mukina.
Picade na imaxe para ver outros traballos
2º Para o noso proxecto "O son do mar" presentouse nun folio un detalle do cadro "O mar de Polinesia" de Matisse. Os nenos viron o vídeo sobre a vida e obra do pintor. Logo no propio cadro debían de recoñecer e buscar o detalle (anaco) que tiñan no folio e logo decoralo ao seu gusto.
3º Como xa se está aproximando a primavera comezaron a decorar unha lámina propia da estación con tramas: puntos, cruces, liñas, caracois....
1º Realización do peixe garabato mediante o trazo de liñas cuvas que lles explicou na súa visita o pintor José Antonio Mukina.
Picade na imaxe para ver outros traballos
2º Para o noso proxecto "O son do mar" presentouse nun folio un detalle do cadro "O mar de Polinesia" de Matisse. Os nenos viron o vídeo sobre a vida e obra do pintor. Logo no propio cadro debían de recoñecer e buscar o detalle (anaco) que tiñan no folio e logo decoralo ao seu gusto.
3º Como xa se está aproximando a primavera comezaron a decorar unha lámina propia da estación con tramas: puntos, cruces, liñas, caracois....
Entroido 2018 co mar como fondo.
O venres 9 de febreiro, tal como estaba previsto, o alumnado puido saír ao patio e facer un pequeno desfile para amosar a todos os compañeiros, profesorado e familiares presentes, o disfrace de cada nivel. Mágoa de tempo que non permitiu saír ás comparsas pola contorna e os bailes no patio, pero a festa continuou nas aulas e os nenos disfrutaron dunha mañá diferente.
Saída á Fundación María José Jove.
O luns 5 de febreiro ás 9:30 h da mañá, os alumnos dos dous niveis sairon cara a Fundación de pintura. Dividíronos en dous grupos. Mentres un grupo visitaba a fundación e facía unha serie de traballos sobre as obras de arte alí expostas; os outros tiñan un taller relacionado co noso proxecto do mar: explicáronlles as partes dunha embarcación. Logo cambiáreonse os papeis.
Sempre é unha visita moi didáctica da que se saca moito proveito. Ollade as fotos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













