Debido a tantas conmemoraciós que celebramos últimamente, tiñamos un pouco atrasadas as publicacións de traballos plásticos que como sabedes realizan conxuntamente nunha aula os dous niveis.
1º Realización do peixe garabato mediante o trazo de liñas cuvas que lles explicou na súa visita o pintor José Antonio Mukina.
Picade na imaxe para ver outros traballos
2º Para o noso proxecto "O son do mar" presentouse nun folio un detalle do cadro "O mar de Polinesia" de Matisse. Os nenos viron o vídeo sobre a vida e obra do pintor. Logo no propio cadro debían de recoñecer e buscar o detalle (anaco) que tiñan no folio e logo decoralo ao seu gusto.
3º Como xa se está aproximando a primavera comezaron a decorar unha lámina propia da estación con tramas: puntos, cruces, liñas, caracois....