ENLACES
- INICIO
- PROGRAMACIÓNS 1º NIVEL - 2017 - 2018
- ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
- MATEMÁTICAS 2017/18
- LENGUA 2017 - 2018
- MIS LECTURAS COMPRENSIVAS
- PROXECTO:O SON DO MAR
- C.NATURAIS E SOCIAIS 2017 - 2018
- PLÁSTICA 17/18
- VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
- PROXECTO PINTURA
- CONTOS
- MÚSICA
- 1º - CURSO 2010-2011
- 1º CURSO 2012 - 2013
- BASEDUAS - 2º
- XOGOS EDUCATIVOS
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO PINTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO PINTURA. Mostrar todas las entradas
PINTAR NO MURO: AS FLORES.
Como remate final do proxecto de pintura: E nós que pintamos aquí? mañá teremos o primeiro contacto co pintor que leva o proxecto en E. Infantil, para realizar o noso mural na parede do patio. Cada dous cursos teñen o seu recuncho pintado en branco.
O tema serán as flores e cada Ciclo creará a súa propia obra. A idea do motivo das flores é por estar o colexio ubicado no Barrrio das Flores.
Os nenos na clase crearon uns bocetos para comezar a practicar e sacar o modelo.
Aquí vos presentamos o que en principio queremos facer, aínda que pode ter modificacións sobre a marcha. Creatividade nos lles falta! Esperamos vos guste e nos quede vistoso!

Traede mañá roupa que non importe tanto que se deteriore e unha visera. Grazas!
1º premio no concurso anual de creatividade escolar da Fundación María José Jove: Sofía Naya Ferro de 1ºA.
O personal da Fundación desprazarase ao noso colexio o 19 deste mes a entregarlle o premio. Ao resto de compañeiros tamén participantes no mesmo, recibirán un agasallo.
Debido a este acto de entrega, no que se quitarán fotos, a Fundación enviounos unha autorización de imaxe que deberedes asinar e cubrir as familias de todos os nenos.
A obra de Sofía está no blog no apartado destinado ao concurso.
| Collage de Sofía |
CADROS PAUL KLEE - CASTELO E SOL
Como podedes observar, estamos metidos en plena faena co pintor Paul klee. Os nenos plasmaron a súa impresión sobre a obra "O castelo e o sol" Podíana realizar sobre soportes diferentes: xornal, cartolina... Aquí quedan os seus traballos. Grazas tamén as súas familias.
PICASSO - MÚSICOS CON MÁSCARA (Proxecto pintura)
Continuando a nosa andadura do proxecto de pintura: "E nós que pintamos aquí?" seguimos a estudar a obra de Picasso; neste caso tras unha pequena semblanza da súa vida e inicio ao estudo do cubismo, traballamos a obra "Os músicos con máscaras" . Observaron as formas, cores, instrumentos, accións... Ollaron unha copia do natural nun cadro e na pantalla dixital, Logo cada alumno realizou a súa propia obra.
Un Entroido de pintura en 1º A e B.
Non deixedes de ollar as marabillosas carautas Picassianas que pintaron antes de saír en comparsa, seguindo as realizadas polo propio Picasso.
Para sorpresa de todos apareceu pola rúa un Velázquez e unha representación das famosas"Meninas" que nos deixou abraiados.
Entroido 2016 -
Para sorpresa de todos apareceu pola rúa un Velázquez e unha representación das famosas"Meninas" que nos deixou abraiados.
Entroido 2016 -
Modelo disfrace 2016
O xoves, tendes que mandar o disfrace, e así o venres xa o temos para o desfile pola rúa.
Poden rebetealo por ombreiros, brazos e por abaixo ( contorno ).
A altura da bolsa é até os xeonllos (Aos nenos das fotos estanlle un pouco fóra de talla, ja, ja,ja...Pero moi guapos!!!)Por debaixo do traxe levarán un pantalón vaqueiro e unha blusa, polo ou camiseta branca.Grazas!!!
Modelo

Se picades na imaxe veredes o modelo de disfrace de pintor para o venres 5 de febreiro. O disfrace pódese variar ao gusto das familias. Nós prantexamos unha opción. O traxe debe ser confeccionado cunha bolsa de plástico branca. O gorro e o lazo da mesma cor de bolsa de plástico, sendo a cor de libre elección. As manchas de Aironfix (mínimo 6 de cada lado) de cores variados pola parte de diante e de atrás. O gorro parte dun rectángulo de cartolina brillante, do tamaño do perímetro da cabeza, do que se lle pega un anaco de bolsa de plástico fruncida.O lazo amplio, tamén con bolsa da mesma cor.
A paleta grande con pintura de cartón duro e cun burato para que a poidan agarrar na man, non colgar (ver foto de abaixo)
Pódense maquillar con bigotes característicos.
Modelo de paleta para que vexades o tamaño.
Proxecto de pintura: seguindo a Franz Marc - 3ª lección
Franz Marc, o pintor dos animais, visto polos nenos.
Continuamos co noso proxecto de pintura: "E nós que pintamos aquí?" no que deixamos unha mostra dos traballos realizados con ceras brandas (os anteriores foron con témpera e acuarela) sobre os animais, seguindo o estudado de Franz Marc.Líuselles como motivación o conto " O artista que pintou un cabaliño azul" Recomendamos o vídeo e o conto polas súas magníficas imaxes.
Fotos do inicio do Proxecto: E nós que pintamos aquí? (estudo das cores primarias e secundarias mediante o Puntillismo)
En entradas anteriores poden verse as explicacións da actividade sobre as cores primarias, cos vídeos utilizados e fotos da actividade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)