Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA 2015 - 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA 2015 - 2016. Mostrar todas las entradas

Mergullándonos no mundo da robótica na escola e en familia.

 Aproveitando que temos unha ponte longa, voltamos a solicitar a axuda das familias para que os alumnos realicen o seu propio robot. Pode ser con figuras xeométricas en papel ou con material de refugallo: caixas, botes, tapóns... a imaxinación é infinita e a creatividade tamén. Aproveitemos que estamos a estudar os polígonos, líñas, corpos xeométricos para que os nenos xoguen coa robótica.

Felices vacacións para os nenos e as súas familias. As titoras agradecen o esforzo de todos, por haber conseguido rematar o traballo prantexado para o trimestre.

FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

Prácticamente inauguramos o mes de marzo coa saída á Fundación Mª José Jove. Realizamos un paseo a través dos distintos estilos pictóricos da man de Patricia que lles explicou de xeito moi ameno. Ademais invitounos a participar nun concurso de collage que realizaremos á volta de vacacións. Ah, tamén felcitou aos nenos polo seu nivel en pintura. 
      Tras finalizar a visita polas salas da Fundación Mª José Jove, a ponente Patricia entregou a cada alumno un tríptico, onde nunha páxina tiñan que crear o seu propio bicho lembrando o explicado. Cada neno realizou o seu do xeito que podedes observar.
     





    

RETRATOS Picassianos - ALUMNOS BASEUNHA

Seguindo as técnicas picassianas do retrato, iniciamos ao alumnado a teoría do cubismo en canto ao disloque de formas. Xa levan algunhas sesións traballando a este pintor mediante contos, vídeos, visualización de cadros... Aquí deixamos unha mostra dos seus retratos.



https://issuu.com/anllencarna/docs/retrato_cubista_picasso

PICASSO - MÚSICOS CON MÁSCARA (Proxecto pintura)

Continuando a nosa andadura do proxecto de pintura: "E nós que pintamos aquí?" seguimos a estudar a obra de Picasso;  neste caso tras unha pequena semblanza da súa vida e inicio ao estudo do cubismo, traballamos a obra "Os músicos con máscaras" . Observaron as formas, cores, instrumentos, accións... Ollaron unha copia  do natural nun cadro e na pantalla dixital, Logo cada alumno realizou a súa propia obra.


https://docs.google.com/presentation/d/1qS_xj5masLChncbPNFT4y-q2q_KO35Z4-G4o6_tI37U/present#slide=id.p

Modelo disfrace 2016

O xoves, tendes que mandar o disfrace, e así o venres xa o temos para o desfile pola rúa.
Poden rebetealo por ombreiros, brazos e por abaixo ( contorno ).
A altura da bolsa é até os xeonllos (Aos nenos das fotos estanlle un pouco fóra de talla, ja, ja,ja...Pero moi guapos!!!)Por debaixo do traxe levarán un pantalón vaqueiro e unha blusa, polo ou camiseta branca.Grazas!!!

                                              Modelo


Se picades na imaxe veredes o modelo de disfrace de pintor para o venres 5 de febreiro. O disfrace pódese variar ao gusto das familias. Nós prantexamos unha opción. O traxe debe ser confeccionado cunha bolsa de plástico branca. O gorro e o lazo da mesma cor de bolsa de plástico, sendo a cor de libre elección. As manchas de Aironfix (mínimo 6 de cada lado) de cores variados pola parte de diante e de atrás. O gorro parte dun rectángulo de cartolina brillante, do tamaño do perímetro da cabeza, do que se lle pega un anaco de bolsa de plástico fruncida.O lazo amplio, tamén con bolsa da mesma cor.
A paleta grande con pintura de cartón duro e cun burato para que a poidan agarrar na man, non colgar (ver foto de abaixo)
Pódense maquillar con bigotes característicos.

https://drive.google.com/file/d/0BzI7c-TiDW9pbEd0MDVfMG5OZlE/view


Modelo de paleta para que vexades o tamaño.

Proxecto de pintura: seguindo a Franz Marc - 3ª lección

 
Franz Marc, o pintor dos animais, visto polos nenos.

 Continuamos co noso proxecto de pintura: "E nós que pintamos aquí?" no que deixamos unha mostra dos traballos realizados con ceras brandas (os anteriores foron con témpera e acuarela) sobre os animais, seguindo o estudado de Franz Marc.Líuselles como motivación o conto " O artista que pintou un cabaliño azul" Recomendamos o vídeo e o conto polas súas magníficas imaxes.


          
http://issuu.com/anllencarna/docs/frank_marc_3___pintura/1

Fotos do inicio do Proxecto: E nós que pintamos aquí? (estudo das cores primarias e secundarias mediante o Puntillismo)

En entradas anteriores poden verse as explicacións da actividade sobre as cores primarias, cos vídeos utilizados e fotos da actividade.

Fotos da activides do Proxecto de pintura: E nós que pintamos aquí?

Imitando a Franz Marc: "O cabaliño azul"

Proxecto pintura: Franz Marc (2ª Lección)

Aproveitando que na asignatura de Naturais estamos a traballar os animais, continuamos co proxecto dándolles a coñecer a Franz Marc: pintor alemán que utilizaba de forma expresiva as cores primarias para traballar os animais.

Parte teórica e creativa: pica na imaxe



Vídeo da súa obra:





Eric Carler escribiu un libro:"El artista que pintóu un cabalo azul" en homenaxe ao pintor. O libro conta con bonitas ilustracións de animais con cores moi chamativas que servirán de inspiración aos nenos para crear a súa obra pictórica dun animal.

DEIXAMOS O VÍDEO




Traballos dos nenos da 1ª parte da actividade: pintar o Cabaliño Azul imitando a Franz Marc.

O cabaliño Azul

INICIACIÓN AO PROXECTO DE PINTURA: E NÓS QUE PINTAMOS AQUÍ? / 1ª clase de pintura: as cores primarias

                          


Pica na imaxe para ver a explicación da 1ª lección.
                                 

Traballo realizado polos alumnos:






O Magosto.

O venres, 13 de novembro celebramos o Magosto no cole. Xa empezamos na sesión anterior de Plástica a preparar a castañeira, os colares coa castaña e un debuxo.
  Na sesión de hoxe aprendemos unha poesía e unha canción que decoramos libremente. Logo baixamos ao patio a comer as castañas e a disfrutar dos xogos colectivos relacionados coa celebración. Pasámolo moi ben!

                                



O SAMAÍN NO COLE: A SANTA COMPAÑA.

Estaban todos á expectativa e ao mesmo tempo ansiosos:"´é hoxe? chega hoxe a Santa Compaña?" Facíanse os fortes, pero... un pouquiño "preocupadiños", sí estaban. Cando a Santa Compaña apareceu polas aulas, disimularon moi ben e estaban desexando que de novo se escoitase o golpetazo na porta para que voltase.
   

                                     

O Samaín nas clases de 1º, xa que realizan a Plástica conxuntamente en todas as sesións.

O colexio estaba superterrorífico e os alumnos de 1º ademais das súas cabazas realizaron uns preciosos banderíns, moi propios da festividade, que decoraron o noso corredor.


TRABALLO GLOBALIZADO DE PLÁSTICA E NATURAIS: BONECA E GUERREIRO ARTICULADO.

Os alumnos de 1ºA e B están a estudar o corpo. Para a comprensión das articulacións realizaron estos bonitos bonecos que decoran as cortizas do noso corredor. Abaixo deixamos as plantillas.  
 PICADE NA FIGURA SE QUEREDES VER AS PLANTILLAS EN PDF .