Ante todos vós, unha das actividades que máis puntuación recibiu por parte do alumnado. Mágoa que tiñamos un montón de fotografías de cada neno facendo a súa trufa, pero ás veces a técnica falla e perdemos ese material, pero eles son conscientes do ben que o pasaron facéndoas. Cada un levoa as súas trufas para a casa na bolsiña que a profe Carmen lles preparou e hai que ver que clariña estivo a súa explicación. Moitas grazas de parte dos nenos e titoras.
ENLACES
- INICIO
- PROGRAMACIÓNS 1º NIVEL - 2017 - 2018
- ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
- MATEMÁTICAS 2017/18
- LENGUA 2017 - 2018
- MIS LECTURAS COMPRENSIVAS
- PROXECTO:O SON DO MAR
- C.NATURAIS E SOCIAIS 2017 - 2018
- PLÁSTICA 17/18
- VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
- PROXECTO PINTURA
- CONTOS
- MÚSICA
- 1º - CURSO 2010-2011
- 1º CURSO 2012 - 2013
- BASEDUAS - 2º
- XOGOS EDUCATIVOS
Mostrando entradas con la etiqueta Plástica 17/18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plástica 17/18. Mostrar todas las entradas
Lola diante dos cadros de Arcimboldo (Louvre, París, 17/03/2018)
Aquí vedes a Lola toda contenta diante do cadro de Arcimboldo no museo do Louvre en París. Todos debedes de recoñecelo porque xa o vírades en Plástica. Que sorte, Lola en vivo e directo!
Plástica: as tramas e a pintura: "La gran ola de Kanagawa" do pintor Hokusai.
Deixamos unha serie de modelos decorados con tramas para que os alumnos practiquen esta técnica, xunto cunha obra moi importante:"La gran ola de Kanagawa" do pintor xaponés Hokusai que traballaremos en aula.
Pica na imaxe para practicar as tramas.
Pica na imaxe para practicar as tramas.
Últimos traballos de Plástica (Peixe garabato - Matisse - Pintamos con tramas)
Debido a tantas conmemoraciós que celebramos últimamente, tiñamos un pouco atrasadas as publicacións de traballos plásticos que como sabedes realizan conxuntamente nunha aula os dous niveis.
1º Realización do peixe garabato mediante o trazo de liñas cuvas que lles explicou na súa visita o pintor José Antonio Mukina.
Picade na imaxe para ver outros traballos
2º Para o noso proxecto "O son do mar" presentouse nun folio un detalle do cadro "O mar de Polinesia" de Matisse. Os nenos viron o vídeo sobre a vida e obra do pintor. Logo no propio cadro debían de recoñecer e buscar o detalle (anaco) que tiñan no folio e logo decoralo ao seu gusto.
3º Como xa se está aproximando a primavera comezaron a decorar unha lámina propia da estación con tramas: puntos, cruces, liñas, caracois....

Saída á Fundación María José Jove.
O luns 5 de febreiro ás 9:30 h da mañá, os alumnos dos dous niveis sairon cara a Fundación de pintura. Dividíronos en dous grupos. Mentres un grupo visitaba a fundación e facía unha serie de traballos sobre as obras de arte alí expostas; os outros tiñan un taller relacionado co noso proxecto do mar: explicáronlles as partes dunha embarcación. Logo cambiáreonse os papeis.
Sempre é unha visita moi didáctica da que se saca moito proveito. Ollade as fotos!
Taller de pintura de José Antonio Mukina para o alumnado de 1º e 2º nivel.
O venres 2 de febreiro, en dúas sesións de traballo: ás 9:30 h para os dous primeiros e ás 12:00h para os dous segundos; o pintor José Antonio Mukina fixo as delicias de pequenos e profesoras, ensinando de forma moi amena o conto que el creou para que os nenos coñezan as distintas personaxes que necesitamos para realizar unha pintura, as misturas de cores e aínda tivemos tempo para que nos ensinara a facer un peixe garabato que o alumnado creou nun folio, como debuxar diferentes animais ou obxectos para o noso proxecto: "o son do mar" e darlle un toque aos nosos murais dos peixes pinza e barcos pesqueiros do noso corredor.
Finalmente, agasallou ao alumnado cunha entrada gratuíta dun día, previa cita, para que coñezan como se traballa no seu taller de Catro Camiños, centro comercial. Aproveitádea, xa vístedes que paga a pena asistir e ver in situm.

Peixe garabato
O pintor José Antonio Mukina ensinou a facer un peixe garabato que o alumnado creou nun folio, como debuxar diferentes animais ou obxectos para o noso proxecto: "o son do mar" e darlle un toque aos nosos murais dos peixes pinza e barcos pesqueiros do noso corredor.
Mariquitas
Como se aproxima o Entroido, deixámosvos unhas mariquitas de Ariel para que fagades, voluntariamente, na casa. Imprimídeas e pegádeas en cartón duro ou cartolina.
Nadal 1º - baseunha
Paseniño, paseniño chegamos ao remate do primeiro trimestre e o Nadal asomou ás nosas ventás. Como vedes nas fotos, cada neno levou á casa o seu paquete-aguinaldo que contiña os seus traballos de Nadal e as súas primeiras cualificacións. Realizaron unha actividade conxunta de decorar unha árbore de Nadal dúas aulas xuntas e outras actividades: reno-chupa, servilleta de Papá Noel, colgador porta e outros motivos navideños. Felices festas!
Plástica: cadro de familia.
Para a sesión do venres de Plástica deben de traer unha bandexa de Porespán (das que traemos cos alimentos) cortado o fondo e pegada por detrás con fixo unha foto de familia. Logo decorarémola na clase.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)