Excursión Orquestra malabares - Coliseum Coruña

 O luns, 9 de abril, os alumnos de primeiro e segundo  nivel saíron cara o Coliseum para ver o espectáculo: "Orquestra e malabares" que fixo as delicias de grandes e pequenos pola súa orixinalidade. Música e malabares uníronse nunha divertida actuación.
       Nós tivemos a sorte de asistir gratuitamente ao preestreno e animamos a todo o mundo a velo. Moitas grazas.